Agadix no Concello de Ferrol

Unha reunión interesante

Ciudadanos explicou onte as dúas cuestións que proporá na sesión plenaria desta tarde. Unha delas é un apoio ás familias que contan cun membro que sofre dislexia, en especial, un menor. Este grupo municipal quixo dar voz a unha formadora da comarca, Marta Fariña, que denunciou que non hai bolsas para os alumnos con este trastorno e que se están recortando os apoios económicos ás familias con pequenos que teñen TDA ou déficit de atención. Os membros da Asociación Galega de Dislexia teñen claro que o fracaso escolar é case todos os casos un síntoma de que non se están levando a cabo bos plans de estudos ou medidas de apoio. Por iso, desde Ciudadanos solicitan que se cumpra a lexislación e leven a cabo medidas para que exista programación lúdica, entre outras accións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio