Dislexia e Outras Dificultades Especificas da Aprendizaxe

Dentro do plan de formación para persoas especialistas na atención á diversidade, especialmente dirixido ao colectivo de docentes, a Consellería de Educación tratará de reforzar a cultura inclusiva mediante accións de colaboración entre a Xunta, centros, familias e entidades que traballan no campo da atención á diversidade. Deste xeito, puxo en marcha a formación «A colaboración como base para a inclusión educativa», na que participarán diferentes entidades, incluída AGADIX. A primeira acción formativa da nosa asociación tivo lugar no Centro de Formación e Recursos para o profesorado de Pontevedra e seguiremos co resto dos CFR da nosa Comunidade. En total 7 charlas de 2 horas cada unha en Ferrol, Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo. Agardamos que sexan do máximo interese para toda a comunidade educativa da comunidade autónoma galega.
Relator: Esther López Carbajales. Presidenta de agadix
https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/29393
